sábado, 15 de junio de 2013

Vontade.

Como unha bágoa nacida duns ollos que choraban por primeira vez de risa, ao escoitar unha burda e parva burla sobre a vida, facéndolle un aceno á vida dunha forma na que, un corazón vello e usado ata entón, nunca coñecera. De modo que desatou un frenesí, capaz de parar furacáns, secar inundacións, amainar tormentas e iluminar eclipses do planeta enteiro, capaz de erradicar enfermidades e rematar con fames, de frear guerras estúpidas e sanguinarias. De modo que deixou de ser un choromicas máis, para pasar a ser un supervivente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario